If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.
O artista Daniel Río Ruibal, coñecido como Caxigueiro, é o artífice deste espazo singular. Está formado por un edificio que acolle exposicións temporais e unha zona verde de 3.500 metros cadrados. O xardín conta cunha interesante colección de especies botánicas, destacando camelias e hortensias de diferentes variedades. Aínda que o propio xardín sexa unha obra de arte por si mesmo, a presenza do feito artístico acentúase cando o percorremos e descubrimos, pouco a pouco, outras intervencións escultóricas que o enriquecen.
Como nota a ter en conta, a 200 metros do Espazo Caritel atopamos a Basílica de San Martiño de Mondoñedo.
http://www.caxigueiro.com
espazocaritel@gmail.com
982 13 26 94
43.56044300258201, -7.301965093638273
Caritel 6 Foz, Lugo
Setembro 12, 2018