Exposición “Cabanas para pensar”

Asesoramento (na elaboración dos herbarios) para a exposición Cabanas para pensar. Trátase dun proxecto producido pola Fundación Luis Seoane, cuxa sede da Coruña acolleu a mostra en 2011. As fotografías son obra de Eduardo Outeiro, e o comisariado corresponde a Alberto Ruiz de Samaniego e a Alfredo Olmedo. Foi tamén exposta no Centro José Guerrero de Granada, na Fundación Cerezales Antonino y Cinia ou no Círculo de Bellas Artes de Madrid.

Nas imaxes de  E. Outeiro aprécianse as cabanas, nos seus emplazamentos orixinais, de filósofos como Ludwing Wittgenstein ou Martin Heidegger, compositores como Edvard Grieg ou Gustav Mahler, dramaturgos como August Strindberg, escritores como Knut Hamsun, George Bernard Shaw, Virginia Woolf, ou Thomas Edward Lawrence (máis coñecido como Lawrence de Arabia), poetas como Dylan Thomas, ou cineastas como Derek Jarman.

Acompañaban ás fotografías unha serie de planos arquitectónicos de cada unha das cabanas, maquetas e unha selección de herbarios procedentes de cada un dos lugares nos que aquelas están situadas.

As imaxes que vos mostramos pertencen ás montaxes da mostra na Fundación Luis Seoane (2011) e Fundación Cerezales Antonino y Cinia (2014).

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.
Categoría:
Data:

Engadir comentario