If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.
Parque dunhas 7 hectáreas situado na periferia da cidade de Pontevedra, a carón do tramo final do río Lérez, un espazo natural protexido baixo a figura de LIC – Red Natura 2000. Trátase dunha zona verde de recreo, onde os xuncos dominan a paisaxe, baixo diversas pasarelas e pontes de acceso. No seu interior é posible atopar, coidadosamente depositadas, as obras dunha ducia de artistas contemporáneos de primeiro nivel, a maioría delas asociadas ao coñecido como land art. Todas estas pezas comparten o granito como material empregado. Os seus autores son Ulrich Röckriem, José Pedro Croft, Fernando Casás, Richard Long, Jenny Holzer, Giovanni Anselmo, Anne & Patrick Poirier, Hamilton Finlay, Dan Graham, Enrique Velasco , Robert Morris e Francisco Leiro.
info@visit-pontevedra.com
+34 986 090 890
42.43781037110269, -8.633874974020273
Illa da Xunqueira. Rafael Areses s/n 36005 Pontevedra
Febreiro 1, 2018