If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.
Pertence á rede internacional “The quiet garden”, un movemento que conta en todo o mundo con máis de 300 xardíns privados abertos ao público gratuitamente. Este que vos mostramos, o xardín do labirinto, é o único “xardín tranquilo” que existe nestes momentos en España. A súa propietaria, a escritora canadiense Laurie Dennett, ofrece o seu xardín a aquelas persoas que necesiten un espazo para a reflexión, o descanso ou a meditación. Sitúase moi preto do camiño francés, nunha ladeira de A Lagoa, Pedrafita, que mira cara Os Ancares, unhas vistas impresionantes que poden disfrutarse dende un banco delicadamente disposto para tal fin. Entre a paisaxe e aquel, un labirinto de buxo ( de aí o nome do xardín) que representa ao coñecido labirinto trazado sobre o pavimento da catedral de Chartres (Francia). Con bidueiros aliñados á entrada, unha agraciada composición de hortensias e lavanda… alí encontramos un auténtico rincón de paz.Resulta tamén moi acolledor polo seu carácter doméstico, e onde se abren todos os sentidos cara un xardín superior, o da conmovedora e monumental natureza que o rodea.
http://quietgarden.org/gardens/el-jardin-del-labirinto/
lagunadiva@icloud.com
0034 639 900869
42.71112072617488, -7.0644274702783605
Lugar Lagoa Tablas, 18 27671 Pedrafita do Cebreiro, Lugo
Outubro 17, 2017