If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.
Neste amplo parque, dunhas 3 hectáreas de superficie, atopamos unha gran zona de pradería arredor dun pequeno arroio. Os muros de granito organizan a pendente do terreo baixo o Seminario Menor.
Dende a parte máis alta desta zona verde podemos gozar dunhas vistas privilexiadas do casco antigo da cidade.
Belvís recuperou nos últimos anos as súas antigas hortas para o uso dos seus cidadáns mediante prácticas tradicionais e de cultivo ecolóxico. O éxito da iniciativa foi tal que deu lugar á creación do mercado “Entre Lusco e Fusco”, no mesmo parque, todos os martes sobre as 19:00 da tarde, onde se poden adquirir productos locais, ecolóxicos e de comercio Xusto.
Posúe tres labirintos de camelias.
Horario de visitas
Aberto sempre ao público
Precio de entrada
GRATUITO
+34 981 542451
42.87845395381815, -8.53833806312241
Belvís 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)
Novembro 26, 2015