Pazo de Lourizán

Trátase dun xardín de 54 hectáreas orientado cara á ría de Pontevedra. Está ligado á experimentación e á pedagoxía desde 1940, sendo referencia en estudos forestais por albergar no seu interior o Centro de Investigacións Forestais e Ambientais da Xunta de Galicia. Alí é posible apreciar distintas parcelas con exercicios de análises de diferentes especies arbóreas xunto a outros atractivos históricos, arquitectónicos e naturais. A organización do xardín vira en torno ao maxestuoso edificio do pazo. Fontes históricas, grutas, o seu invernadoiro de cristal, unha mesa de única peza de pedra de 6m no seu cenador… Son só algúns dos elementos que deberiamos destacar, sen esquecer, por suposto, as súas especies botánicas, entre as que destaca a súa colección de camelias ou a gran Metasquoia glyptostroboides, candidata a Árbore Europea en 2016.

Árbores Senlleiras

  • Cedro do Líbano, Cedrus libani A. Rich.
  • Metasecuoia Metasequoia glyptostroboides H. Hu & Cheng
  • Abeleira, Corylus avellana L.
  • Criptomeria xaponesa, Cryptomeria japonica (L.f.) D.Don
  • Secuoia vermella Sequoia sempervirens (D. Don) Endl.
  • Sófora xaponesa Sophora japonica L. pendula
  • Castiñeiros Xaponeses e Chineses Castanea crenata Sieb.&Zucc.; Castanea mollisima Blume Mill

Horario de visitas

  • Luns a venres de 08:00 a 15:00.
  • Fin de semana de Outubro a Abril: 10:00 a 18:00
  • Fin de semana de Maio a Setembro: 10:00 a 20:00
  • Necesaria cita previa para visitas guiadas

Precio de entrada

GRATUITO

 

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

Categorías e servizos dispoñibles

Servicios

Web:

http://www.turgalicia.es/portada?langId=es_ES

E-mail:

infolourizan.mr@xunta.es

Teléfono:

+34 986 805 000

GPS:

42.409762927807, -8.6644796051466

Enderezo:

Carretera Pontevedra - Marín, km 3.5

Data:

Engadir comentario