If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.
No xardín de Oca percíbese a procura dun equilibrio armonioso entre a liberdade de crecemento das súas árbores e arbustos, co seu conveniente control. Harmonía que aparece tamén entre os dous estilos que dominan a súa evolución, o francés e o inglés. O duque de Segorbe e o xardineiro Manuel Conde hoxe investigan, acondicionan e incorporan elementos ao xardín sen unha concepción purista da súa restauración. Os estanques, un dos elementos máis fotografados de Oca, funcionan como aproveitamento hidráulico do río Boo. No seu centro poden verse nobres figuras alegóricas esculpidas en pedra. Dende o punto de vista botánico, a camelia impregna da súa esencia todo o xardín, aínda que tamén destacan a avenida de Tilia plantyphyllos, que leva cara ao bosque de Guillufe, os Buxus sempervirens arbóreos, Cryptomeria japonica, Sequoia sempervirens ou Taxus baccata… Para finalizar, dous espazos tan peculiares como imprescindibles dentro de Oca: a horta e o xardín de monstros de buxo, coas súas figuras inspiradas en relatos como o de Alicia no país das marabillas.
Árbores Senlleiras
Horario de visitas
Precio de entrada
http://www.fundacionmedinaceli.org/
pazodeoca@fundacionmedinaceli.org
+34 986 587 435
42.746936584432, -8.3953238924168
36685 Oca, A Estrada (Pontevedra)
Novembro 26, 2015