If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.
No seu xardín, de 7 ha de superficie, podemos gozar de multitude de sensacións acompañadas dunha copa de viño albariño ou unha cunca de té de camelia. Xunto a estas, as especies vexetais (nobres buxos centenarios, un extraordinario Pinus pinea, así como Araucarias brasiliensis, Aesculus hippocastanum, Magnolia grandiflora…) e os diferentes elementos ornamentais crean unha combinación que destaca pola súa espontaneidade. Así, o percorrido polos seus carreiros experiméntase como un paseo embriagador, pero sen necesidade de que se impoña un sentido concreto. A mirada do visitante desprázase entre os seus distintos ambientes sen que resulte opresivo, revalorizando así a esencia do lugar.
Horario de visitas
Necesaria cita previa
Prezo de entrada
A partir de 8€/persoa
http://www.pazoquinteirodacruz.es/
info@pazoquinteirodacruz.es
+34 619 110 806
42.530406574609, -8.729310688226974
Lois, 36635 Ribadumia (Pontevedra)
Novembro 26, 2015