O xardín da Fundación Paideia foi creado nunhas condicións pouco habituais, unha elevada pendente e abundante pedregosidade. Nel  os brezos son o arbusto estrela, con alrededor de 40 variedades, de entre un total de 170 repartidas ao longo de case 8 hectáreas e en 14 zonas diferenciadas, segundo as especies.

A maioría de variedades plantadas foron obtidas por melloradores vexetais a partir de especies silvestres de diferentes países. Aínda que podemos atopar tamén especies de hibridacións naturais ou provocadas. Outro aspecto a destacar é o xogo visual e de textura que ofrece ao visitante coa utilización de diferentes pavimentos de madeira, zahorra, cantos e pedra.

O xardín ofrece moitas posibilidades dende o punto de vista didáctico pois resulta ser un lugar idóneo para observar plantas pouco comúns noutros xardíns galegos. Ademáis, atópase situado nunha finca pertencente a unha das capellanías do Santuario de A Escravitude, rehabilitado en 2007 pola Fundación Paideia, o que é sen dúbida un valor engadido.

horarios_imagen4_gl      precio

 

Address

Our Address:

A Escravitude s/n 15980 Padrón ( A Coruña)

GPS:

42.78454637067099, -8.649945662676828

Telephone:

Our Useful Features & Services

Acceso a minusválidos

Servizos