Trátase dun xardín atípico de carácter doméstico que non chega á hectárea de superficie.  O seu autor e propietario, o paisaxista Francisco de Sales Covelo, dedicou a súa vida ao coidado de numerosas especies vexetais coas que experimentaba. Algunhas delas vendíaas no seu viveiro, sito na mesma parcela. Co paso dos anos, e tras a súa morte, a Fundación que hoxe leva o seu nome fíxose cargo deste lugar imprescindible. Así foi posible continuar cunha parte do labor de Sales e converter este lugar no xardín botánico que é hoxe. Un xardín que mesmo establece intercambios de especies cos Kew gardens londinienses, por citar un exemplo, ademais de promover un labor pedagóxico e de difusión considerables. Algunhas das especies que podemos atopar neste xardín son as súas coleccións de orquídeas ou de roseiras inglesas David Austin, a súa Metasequoia glyptostroboides, Wollemia nobilis ou Corymbia ficifolia. No centro do xardín sitúase unha pequena casa que Sales Covelo deseñou e construíu coas súas propias mans.

Horario de visitas

  • Pechado en Xaneiro (a partir do día de Reis) e Febreiro por actividades de mantemento
  • Martes a Sábado, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:30

Prezo de entrada

  • 2€ adultos
  • 1€ menores de 12 anos
  • Gratis para maiores de 65 y menores de 10 anos

 

Artigos relacionados

Aprender a mirar, aprender a sembrar. Así fue el Green Friday en la Fundación Sales.

Sobre Francisco de Sales Covelo, el autor del jardín de la Fundación Sales.

Notas sobre el jardín de la Fundación Sales

10 RAZONES POR LAS QUE… visitar el jardín de la Fundación Sales.

Una tarde con Carlos Magdalena y el nenúfar Victoria regia

Address

Our Address:

Avenida de Europa 52, 36212 Vigo (Pontevedra)

GPS:

42.21474585835263, -8.762602711952468

Telephone:

Our Useful Features & Services

Acceso a minusválidos

Servicios

Eventos

Cafetería

Tenda