O xardín posúe unha superficie de 14 hectáreas. Á súa entrada, e diante da edificación principal, conta con labirintos de boj que bordean azaleas, arces ananos e rododendros, isto serve como unha pequena pincelada do que agarda a continuación. Unha vez iniciado o paseo, percorremos as distintas zonas do xardín entre case 700 especies, das que destacan as súas magnolios, eucaliptos, calocedros, cryptomerias ou alcanfores, ademais da árbore máis antiga da leira, un carballo galego de máis de 400 anos de antigüidade. Preto da entrada, esténdese unha pradaría de estilo inglés, con pouco arboledo e desde a que se pode apreciar un pequeno e cristalino lago. Non lonxe de alí está o seu estanque “das ras”, adornado de nenúfares de flor branca, amarela e rosa… rodeado de buxo arbóreo de máis de 300 anos e cunha parra de glicinia. O seu bosque, os viñedos e as camelias son o resto de protagonistas deste xardín de ilusión. Este xardín foi declarado Xardín de Excelencia Internacional da Camelia.

Árbores Senlleiras

  • Alcanforeiros, Cinnamomum camphora (L.) Siebold
  • Magnolias Grandifloras, Magnolia grandiflora L.
  • Araucaria excelsa, Araucaria heterophylla (Salisb.) Franco
  • Eucaliptos, Eucalyptus globulus Labill

Horario de visitas

  • Visitas Guiadas:  De Mércores a Venres ás 11:00 hrs. Fins de Semana e Festivos: ás 11:30 hrs.
    É necesaria cita previa. Adaptaranse ás necesidades do grupo cando inclúa máis de 10 persoas.
  • Visitas Libres:  De Luns a Xoves: 09:00 hrs. a 18:oo hrs. e Venres de  09:00 hrs. a 14: hrs. Durante os meses de Xullo, Agosto e Setembro as visitas realizaranse de Luns a Venres en horario de 09:00 hrs. a 14:00 hrs. A visita libre non inclúe o interior do Pazo nin a degustación. A modalidade de visita libre non se aplica para grupos.

Precio de entrada

Consultar web

 

Address

Our Address:

Rúa do Pazo 7, Rubianes 36619 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

GPS:

42.578123562065386, -8.733131623126155

Our Useful Features & Services

Acceso a minusválidos

Servicios

Tenda

Eventos

Ruta da Camelia