Mañá, xoves 20 de febreiro, ás 16:30 horas, presentaremos no CIPX (Centro de Interpretación dos  Parques e Xardíns) de Compostela o proxecto-web “Xardíns do Camiño”.

Neste acto de presentación daremos a coñecer esta nova iniciativa, que dende internet e a través da plataforma www.galiciangarden.com, ten como obxectivo o estudio, a promoción e a divulgación de moitos dos xardíns e parques que se atopan no Camiño de Santiago, prestando especial atención, dentro dos mesmos, aos xardíns galegos.

Unha iniciativa apoiada polo programa de axudas da Xunta de Galicia “O teu Xacobeo”.

 

Esperámosvos!

 

Engadir comentario