Para todos aqueles e aquelas xardineir@s, con ou sen nen@s, hoxe queremos presentarvos un libro que sen dúbida aumentará a interese pola xardinería de cántos o lean. Falamos de “O pequeno xardineiro”, de Emily Hughes, pertencente á colección “La Pequeña Impedimenta” da editorial Impedimenta.

Foto_pj_1

Este delicioso conto de 40 páxinas aborda “a forza do amor e a importancia de perseverar”, palabras da editorial coas que non podo estar máis de acordo. O libro envólvete coas súas rechamantes ilustracións de vexetación exuberante, en canto pasas a primeira páxina somérxete no mundo do seu diminuto protagonista e a súa mascota (unha lombriga de terra), un xardín repleto de plantas, flores (e insectos) de suxestivas cores cuxo coidado ocupa todo o seu tempo.

Foto_pj_2

O traballo é duro e non tan gratificante como espera, pois nada remata por medrar o suficiente, incluso morre.  O pequeno xardineiro está cansado.  O nacemento dunha fermosa flor  dalle esperanzas animándoo a seguir pero isto é insuficiente. O seu esgotamento é tal que unha noite pide un desexo, que alguén lle axude. Mentres dorme (durante varios días debido ao cansazo) unha persoa se fixa nesa flor especial, que contaxia de esperanza, e decide comezar a coidar o xardín. Unha axuda que será indispensable para que o seu mundo –o seu xardín- siga vivo e o pequeno xardineiro sexa feliz.

Foto_pj_3

Como vedes, a tenrura é outro dos ingredientes deste magnífico conto para nenos, do que, se pensamos a gran escala, podemos engadir outra lección: cada un de nos podemos prestar axuda coas nosas accións, xa sexa dende o noso xardín común, o noso planeta, ata o coidado dunha pequena planta que pasa inadvertida  ao carón do noso fogar!

Xa de paso, aconséllovos outro libro da mesma autora, Salvaxe (Premi Llibreter 2015) que trata a historia dunha nena criada na selva e cuxa descrición deixaremos para outra ocasión.

Finalmente, agradecer a Librería Escolma, de O Carballiño, este precioso regalo para Clara do que todos disfrutamos moito!

Engadir comentario