Que neno non soñou con ter unha casa nunha árbore? E por árbore podemos tomar o bosque enteiro. Creo que existe neles, nos nenos (a quen o bosque descrito neste libro define como “paxaros sen plumas que non cesan de xogar”), unha innata relación coas árbores que, os maiores, adoitamos ignorar. O bosque ofrécelles acubillo (con ou sen cabana), xogo, novos descubrimentos, coñecemento, saúde… Reúne un compendio de características positivas que os beneficia en todos os aspectos da súa vida, mesmo en canto a xerar experiencias e bos recordos na natureza que, por unha banda, fágaos máis sensibles ao seu coidado e, por outro, os prepare para a idade adulta. Xa o di Elsa Punset, referíndose a Joaquín Araújo (artigo do País desta semana): ” Somos como somos porque fomos bosque, somos bosque que baixou das ramas e botou a andar. Somos terra que camiña”. A literatura de natureza enriquece este tipo de experiencias, ou máis ben deberiamos dicir que nos fai recapacitar sobre a verdadeira realidade, o feito de que somos bosque. E é Arbolidades un exemplo perfecto para iso:

 

Hay un bosque en mi casa.

Por las noches 

lo puedo oír aullar en el estante,

alular en las cerchas,

graznar en la tarima,

relinchar en puertas y ventanucos,

bisbisear después, en la guitarra.

 

 

Como unha folla no medio dun pequeno remuíño de vento, os poemas de Arbolidades e ás ilustracións que os acompañan, arrolan a nosa lectura a través de árbores, paxaros, pequenos mamíferos, diferentes fragrancias, sons, cores… O libro ábrese no medio dunha danza entre estacións e os procesos que levan asociados, como a caída das follas, a dispersión das sementes, a floración ou a chegada dos froitos.

 

Un remolino juega

con la hojarasca de otoño,

y las hojas,

lazadas, vuelan y suben:

quieren volver a las ramas,

desnudas ya, del aliso.

 

Sempre é bo momento para mergullarse nun libro como este pero, por que aprazalo? Animaravos e tamén vos inspirará dende este mesmo verán para explorar os vosos bosques en busca desas experiencias das que vos falamos ao comezo do post. E como último consello, lembrámosvos 12 bosques de Galicia que no te puedes perder, espacios nos que poderedes por en práctica as ensinanzas de Arbolidades.

 

 

O escritor de Arbolidades, por certo, é David Hernández Sevillano. Comparte ilustradora con Bechopoemas e outras bestas, do que tamén vos falamos aquí: Maite Mutuberria. Edita Kalandraka.

 

 

A TER EN CONTA:

O libro está dispoñible na páxina web de Kalandraka e en lingua castelá

Idades recomendada: a partir de  8 anos.

A obra foi galardoada co premio de poesía para nenas e nenos “Ciudad de Orihuela” 2019.

 

Engadir comentario