If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.
Trátase dun xardín atípico de carácter doméstico que non chega á hectárea de superficie. O seu autor e propietario, o paisaxista Francisco de Sales Covelo, dedicou a súa vida ao coidado de numerosas especies vexetais coas que experimentaba. Algunhas delas vendíaas no seu viveiro, sito na mesma parcela. Co paso dos anos, e tras a súa morte, a Fundación que hoxe leva o seu nome fíxose cargo deste lugar imprescindible. Así foi posible continuar cunha parte do labor de Sales e converter este lugar no xardín botánico que é hoxe. Un xardín que mesmo establece intercambios de especies cos Kew gardens londinienses, por citar un exemplo, ademais de promover un labor pedagóxico e de difusión considerables. Algunhas das especies que podemos atopar neste xardín son as súas coleccións de orquídeas ou de roseiras inglesas David Austin, a súa Metasequoia glyptostroboides, Wollemia nobilis ou Corymbia ficifolia. No centro do xardín sitúase unha pequena casa que Sales Covelo deseñou e construíu coas súas propias mans.
Horario de visitas
Prezo de entrada
Artigos relacionados
Aprender a mirar, aprender a sembrar. Así fue el Green Friday en la Fundación Sales.
Sobre Francisco de Sales Covelo, el autor del jardín de la Fundación Sales.
Notas sobre el jardín de la Fundación Sales
10 RAZONES POR LAS QUE… visitar el jardín de la Fundación Sales.
Una tarde con Carlos Magdalena y el nenúfar Victoria regia
http://www.fundacionsales.org/la-fundacion/
info@salesxardin.com
+34 986 240 882
42.21474585835263, -8.762602711952468
Avenida de Europa 52, 36212 Vigo (Pontevedra)
Decembro 23, 2015