A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega convoca o Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe, este ano, na categoría de INTERVENCIÓNS PRIVADAS NO PATRIMONIO CONSTRUIDO E A SÚA CONTORNA. O obxectivo deste premio é o de recoñecer aquelas intervencións que recuperen o patrimonio construido e poñan en valor a súa contorna.
Todos aqueles que esteades interesados en participar, podedes presentar as vosas candidaturas ata o 17 de xullo de 2020.
Algunhas das características claves que o xurado terá en conta serán:
- Posta en valor dos elementos construídos.
- Integración na contorna.
- Incorporación de criterios de sostibilidade.
- Economía no uso dos materiais.
Admitiranse intervencións realizadas en Galicia, que foran finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2019.
Para máis información, podedes visitar a web da Fundación Juana de Vega (premer aquí) ou escribir ao seu correo electrónico info@juanadevega.org