Ramón e Sonia escribíronnos dende Santiago de Compostela para falarnos dun xardín oculto: o xardín do Café Costa Vella, no casco antigo da mesma cidade.
Segundo contan, soen frecuentalo nos días de bo tempo, sobre todo durante o verán. Baixo as copas das árbores, lonxe da terraza, desfrutan dunha copa de viño, un café… Para eles, un dos maiores encantos do xardín está en que, ao sentarse, se alzan a vista por enriba do muro do xardín perden de vista os tellados da cidade e so ven natureza. Por un momento, e acompañados do relaxante son da auga, a cidade parece estar máis distante. Ademáis, entre os visitantes do xardín soen atoparse tanto turistas como compostelanos.
Deixámosvos aquí algunhas fotografías do xardín do Café Costa Vella que esperamos vos gusten. ¿Coñecedes algún outro xardín do que vos gustaría falarnos?