Unha árbore senlleira é aquela que por gozar dunhas características extraordinarias fanas destacar sobre o resto. Estas particularidades poden referirse a súa idade, tamaño ou outro tipo de “rareza”… convertendo ao exemplar, ou grupo de exemplares, nunha especie de reliquias botánicas.
En Galicia contamos con numerosos exemplos deste tipo, que non necesariamente teñen porque ser autóctonos. Moitos deles atópanse en xardíns aos que lles aportan un valor engadido. Estas árbores senlleiras están protexidas pola súa inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras (regulado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo), o que, en principio, garante a súa conservación.
Pero ¿cómo se decide qué árbore debe pertencer ao catálogo? Un comité de expertos establece os principios para a súa selección baseándose en criterios de tipo:
- Dendrométricos (grosor, altura, perímetro tronco…), polos cales foron incluídos a maior parte de carballos, castiñeiros e sobreiras.
- Biolóxicos, ecolóxicos ou estéticos, coma no caso do ombú do Pazo de Ribadulla.
- Culturais, coma o que permite destacar a figueira de Rosalía de Castro en Padrón, árbore citada por Rosalía no seu poema “Adiós ríos, adiós fontes” de Cantares gallegos.
- De situación.
Será o conxunto destas propiedades o que faga dunha árbore, ou formación de árbores, xa sexa en terreo público ou privado, merecedor deste tipo de protección legal.
Podedes coñecer as especies e formacións senlleiras dos nosos xardíns nas súas correspondentes entradas.
Se desexades máis información sobre o Catálogo de Especies Senlleiras de Galicia:
[button title=”Árbores senlleiras” width=”800px” url=”http://www.cmati.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=163779&name=DLFE-32507.pdf” urlnewwindow=”1″]