Hoxe falamos con Carmen Iglesias, unha das responsables da plataforma Salvemos as Fragas de Catasós para que nos explique en qué consiste esta iniciativa.

 

Para quen non coñeza a vosa plataforma, ¿poderías explicarlles como se orixina Salvemos Catasós, en que momento e con que finalidade? 

No ano 2014 celébrase unha asemblea informativa sobre o paso dunha LAT pola fraga de Casas Vellas e o seu entorno. Ali enterámonos (e sorprendemonos) que este proxecto é do ano 2007, e que moitos dos veciños levaban dende esas datas loitando contra este proxecto, e que Fenosa xa tiña todos os permisos para entrar, a pesar de estar catalogada como Chan rústico de expecial protección forestal.

Nese intre un grupo de xente decidimos crear unha Plataforma para tratar de evitar o paso da Liña de alta tensión polas fragas de Catasós

 

¿Onde se produciría a tala de árbores e cantos exemplares estarían en perigo?

Na fraga de casas Vellas, un espazo de alto valor ecolóxico na contorna do Monumento Natural fraga de Catasós. O numero de exemplares sería de uns 3.000, moitos deles centenarios.

Ainda que fenosa, mostrando a súa hipocresia chegou a presentarnos un proxecto (sobreelevando a LAT) na que afirmaba que so cortaría algo menos dunha ducia, contando co apoio do goberno municipal anterior que estaba nas mans do PP, dende a Plataforma non lle dimos credibilidade ningunha.

Onde se veu unha LAT con arbolado debaixo do seu cableado?

 

Aínda que toda pérdida de árbores é un feito negativo, ¿ por que se agrava o asunto no caso destes castiñeiros?

Aparte de ser árbores antigas, quen os plantou fixoo facendo unha especie de «selección xenética» buscando os mellores exemplares, aparte de que non son todos do mesmo tipo, hai variedade dentro da mesma especie (castiñeiros).

Outro motivo e que estas arbores, por dicilo así pertencen o mesmo ecosistema da Fraga de Catasos, que conta cos castiñeiros de maior porte de toda Europa. A fraga de Casas Vellas representa un «estadio» anterior ás arbores da fraga de Catasós, ou sexa, nun mesmo espazo poderiamos ver dous «estadios» distintos, unha evolución dun a outro, ou, poderiamos decir unha viaxe no tempo, en canto ó desenrolo das arbores.

Tamén está  seu aspecto «sentimental», toda a xente que vive alí recordaos dende sempre, forman parte das súas vidas.

 

¿Poderíasnos falar das actividades que levades a cabo dende Salvemos Catasós?

Basicamente tratamos de concienciar a todo o mundo do valor patrimonial e natural que agocha este espazo.

Do dano que faría o paso da LAT tal e como o plantexa Fenosa, incluso fomos quen de plantexar 2 opcións viables alternativas.

E tratamos de que este asunto, o da defensa de Casas Vellas contra Fenosa, sexa un tema de actualidade, que non caiga no olvido.

Por concretar actividades: Andainas, charlas, concertos, a recollida de mais de 11.000 firmas, presencia en actos, presión a institucións e gobernantes, reparto de folletos informativos, venda de camisetas e chapas, presentación de documentación as distintas Institucións, etc.etc.

 

¿En que punto se atopa a situación nestes momentos?

Nestes momentos, todo se atopa igual, o goberno actual de Lalín está intentando solicitar un ENIL para a protección de ditas fragas, máis atópase co rechazo por parte do PP e dun concelleiro adscrito, que dan a súa negativa por resposta.

Dito ENIL foi aconsellado polo Valedor do Pobo, polo Consello de Cultura, así como polas diferentes asociacións que nos apoian nesta loita como Adega, Petón do Lobo.

 

Para aqueles interesados na vosa iniciativa, ¿como poderían colaborar?

Poden colaborar de diferentes maneiras, a máis importante sería tomar conciencia do que significa o noso patrimonio Natural, o cal creemos que é moi importante.

E por suposto participando nos actos que organicemos, redistribuindo a información que teñan sobre este asunto, é o que xa está facendo a xente que nos apoia.

https://www.facebook.com/salvemoscatasos/

 

Xa que realizamos esta entrevista dende unha web de promoción dos xardíns galegos, ¿crees que a educación a través do xardín pode ser unha ferramenta útil para combater este tipo de problemas socio-ambientais?

Todo o que teña que ver co coidado do medioambiente, cas plantas, as árbores, e como estas nos provocan sensacións a través da súa visión, consideramolo como unha labor de concienciación do importante da  natureza en xeral e da paisaxe en particular.

 

fragas_catasos

 

Añadir comentario