10 MOTIVOS POLOS QUE visitar un xardín baixo a choiva
Que a choiva non te impida gozar da natureza. Pode ser a escusa perfecta para intensificar a túa experiencia. Dámosche 10 motivos polos que visitar un xardín baixo a choiva:
- Aproveita para enfundarte as botas de auga e o impermeable. Pode ser unha indumentaria do máis cómoda.
- Detente a escoitar o son das gotas.
- Rexuvenece: a choiva no xardín te levará aos anos nos que de verdade gozabas da natureza (salta nos charcos).
- Goza do olor a terra mollada.
- Síntete único. Os xardíns soen estar valeiros e tranquilos os días chuviosos.
- Descóbrete a ti mesmo máis preto da terra (afunde os pés no barro).
- Contempla a paisaxe dunha maneira diferente. A auga crea matices novos en tódalas cores.
- Reláxate: a harmonía coa que a choiva inunda un xardín é unha boa oportunidade.
- Ao voltar á casa, despois dun gran paseo, empapado, verás que ben senta unha ducha de auga quente.
- Se vives en Galicia, síntete afortunado, porque poderás experimentar todo isto durante a maior parte do ano (e se non vives aquí, ven, visita un xardín galego e compróbao por ti mesmo).