A Nandina domestica é un arbusto que viste o xardín en calquera momento do ano, especialmente nos meses de outono e inverno. De follaxe e estrutura lixeira e elegante (que nos lembra ao bambú), se se atopa nunha posición soleada irá adquirindo tonalidades avermelladas ata ben entrada a primavera.

 

CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS

Nome común: Nandina

Outros nomes: Bambú sacro, bambú divino.

Familia: Berberidaceae

XéneroNandina. Xénero de unha única especie, Nandina domestica.

Detalles: Arbusto perennifolio con follas delicadas e persistentes, dunha cor verde escura (que cambia a vermello brillante no outono). Pode alcanzar os dous metros de altura e o metro de diámetro. As súas flores, pequenas e con forma de estrela, cor branca e duns 5 mm, agrúpanse en inflorescencias. Estas converteranse en froitos vermellos globosos no outono e que permanecerán no arbusto ata a primavera.

Orixe: China e Xapón.

 

 

A nandina é un arbusto de crecemento medio-lento con preferencia por chans drenados, fértiles e húmidos. Cultívase facilmente, sendo resistente a pragas e enfermidades (tamén ás xeadas). Todas as partes da planta son tóxicas.

A súa multiplicación é moi sinxela, por esquexe ou semente.

Existen variedades de nandina ananas (por exemplo a nandina “ Fire power”, con follas grandes e de vermello intenso no outono).

Podemos ver nandinas nos xardíns de varias maneiras: en maceta, formando sebes ou de forma illada ( así é como as dispoñemos nós no noso xardín). Sexa como fora, alí onde se sitúa esta planta logra enriquecer visualmente a súa contorna.

 

Engadir comentario