Achégase o día da nai e dende galicianGarden queremos proporvos algunhas ideas para regalar a aquelas nais que sexan aficionadas á xardinaría. Estas son algunhas delas:
1. Regala unha visita a un xardín galego con encanto.
Esta é a ocasión perfecta para regalar un paseo por algún dos xardíns de Galicia. Tendes moita variedade: urbans, botánicos, de excelencia, de autor, da ruta da camelia… pódese escoller aquel que encaixe máis cos gustos de cada nai! Se o que prefires é un plan para todo o día (ou incluso máis) contrata un dos Tours que ofrecemos en galicianGarden e poderás combinar esa visita cun paseo en barco onde descubrir as artes da pesca, por exemplo.
2. A suscripción a unha revista de xardíns.
Existen numerosas revistas de xardinaría no mercado con posibilidade de suscripcións anuais, mensuais… Propóñovos Garden Illustrated, unha revista que podedes atopar en papel ou en edición orixinal. Aporta moitas ideas sobre deseño, composición de plantas… é moi inspiradora!
3. Un rosal David Austin.
4. Unhas botas de auga para o xardín (e de deseño).
Éstas, de Hunter, son perfectas!
5. Un ramo de flores silvestres.
Aproveitando un paseo polo campo pódese facer un ramo informal, e desta maneira, traeremos un anaquiño de “vida silvestre” a casa. Un regalo sinxelo pero un dos mellores.