DÍA DA NAI 2016: 5 regalos para nais xardineiras

DÍA DA NAI 2016: 5 regalos para nais xardineiras

Achégase o día da nai e dende galicianGarden queremos proporvos algunhas ideas para regalar a aquelas nais que sexan aficionadas á xardinaría. Estas son algunhas delas:

1. Regala unha visita a un xardín galego con encanto.

Esta é a ocasión perfecta para regalar un paseo por algún dos xardíns de Galicia. Tendes moita variedade: urbans, botánicos, de excelencia, de autor, da ruta da camelia… pódese escoller aquel que encaixe máis cos gustos de cada nai! Se o que prefires é un plan para todo o día (ou incluso  máis) contrata un dos Tours que ofrecemos en galicianGarden e poderás combinar esa visita cun paseo en barco onde descubrir as artes da pesca, por exemplo.

Rubianes_8

2. A suscripción a unha revista de xardíns.

Existen numerosas revistas de xardinaría no mercado con posibilidade de suscripcións anuais, mensuais… Propóñovos Garden Illustrated, unha revista que podedes atopar en papel ou en edición orixinal. Aporta moitas ideas sobre deseño, composición de plantas… é moi inspiradora!

Rev_garden

3. Un rosal David Austin.
Os rosais nunca estiveron entre as miñas plantas preferidas, pero recoñezo que os hibridados por David Austin son rosais de categoría. Posúen un aspecto e aroma semellantes ao dos exemplares clásicos pero cun colorido máis actual. Podedes atopalos á venda na Fundación Sales.

Rosa ‘Wisley 2008’ – repeat-flowering English Old Rose Hybrid with approximately 95 petals. This is a rose of exceptional delicacy and charm bearing some resemblence to the old Alba Roses.

4. Unhas botas de auga para o xardín (e de deseño).

Éstas, de Hunter, son perfectas!

boots1

5. Un ramo de flores silvestres.

Aproveitando un paseo polo campo pódese facer un ramo informal, e desta maneira, traeremos un anaquiño de “vida silvestre” a casa. Un regalo sinxelo pero un dos mellores.

ram_silv1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con