« …des vastes splendeurs dont j’orchestre l’harmonie […]. Ce jardin est une tâche terrible, à laquelle je me donne tout entier. Il me prendra mes dernières années et je tomberai épuisé, sous ses branches après lui avoir donné tout mon amour

E_[000069]

O da Fundación Sales é un xardín que poderíamos calificar como de Autor, onde Francisco de Sales Covelo coleccionou durante anos especies vexetais exóticas pola súa orixe. É un espazo aberto ao público onde o rincón creado por este paisaxista pasa a ser experimentado por outras persoas, lles permite coñecer unha parte do seu ideario “posto en obra”; dalgunha forma, participar da súa imaxinación e, sempre, gozar dun lugar único.

plano

[000090]

A cita de Jacques Majorelle (pintor francés que deseña o seu propio xardín en Marrakech en 1924) coa que inicio o texto podería aplicarse perfectamente á relación deste insólito xardín de Vigo co seu autor. Un espazo que expón a mezcla armoniosa de variedade botánica, deseño, o relato dunha historia persoal suxestiva e un indubidable compromiso pedagóxico.

E_[000170]

O xardín data de 1960. É difícil definir o seu estilo, moi heteroxéneo, aínda que sí poderíamos distinguir marcadas trazas dunha certa influencia oriental. Existen no seu interior varias construccións que, sen embargo, se equilibran co compoñente verde do xardín. A pesares de que sexa de pequenas dimensións (para ser un xardín botánico), os rincóns son numerosos: un sempre atopa aquela parte do mesmo onde se sinte máis identificado. Por outra banda, definiríamos a súa xestión actual como “contemporánea” (moi “británica”, se se nos permite a expresión), pois as formas en que o visitante participa de él, son variadas (venta de plantas, concertos, charlas sobre botánica, cursos de xardinería…). Actividades plantexadas sen deixar de respetar o seu encanto orixinal e o seu carácter íntimo.

E_[000041]

É destacable o intercambio de especies vexetais que dende aquí se está levando a cabo con outros xardíns botánicos de relevancia (por exemplo, os xardíns de Kew) co que a Fundación Sales se convirte nun punto de referencia a nivel botánico en Galicia. Proporciónanos a oportunidade de coñecer plantas ás que difícilmente poderíamos “acceder” dende a nosa comunidade autónoma. O lugar ten tamén algo de laboratorio ao aire libre, xa que Francisco de Sales experimentaba aquí coa combinación de formas, texturas, cores…

E_[000010]

Recoméndovos a visita a este xardín a descubrir. Pero antes podedes consultar a nosa sección do xardín da Fundación Sales, ademáis da súa páxina web, onde atoparedes máis información sobre o mesmo, as súas plantas (os seus plans) e os seus eventos: www.fundacionsales.org

E_[000060]

E_[000214]

E_[000098]

E_[000146]

Engadir comentario