No noso afán por descubrirvos libros que esperten o amor pola natureza dos nosos nenos, gustaríanos amosaros hoxe un moi especial. O segredo de avó oso, da editorial Kalandraka, escrito por Pedro Mañas e ilustrado por Zuzanna Celej, ofrécenos un punto de vista particular sobre a chegada da primavera.

 

 

O protagonista é un avó oso que parece espertarse prematuramente do seu letargo invernal. Preocupado, intúe que garda un segredo, pero non sabe nin onde nin en que consiste. Mamá corvo axúdao na súa búsqueda.

O segredo de avó oso é mais unha sensación que unha revelación concreta en si. O seu segredo é a tenrura que esperta, a súa suavidade, a paz que o acompaña. Todo isto é o que os vai transmitindo ao longo da historia, o que atesouramos os lectores unha vez pechado o libro. O sucedido no relato que recorremos coa nosa lectura e a nosa mirada  –nun fermosísimo texto de corte poético perfectamente acompasado dunhas ilustracións non menos poéticas– trata sobre o tempo e o espazo.  E esta é a súa grandeza, que o tempo e o espazo onde se atopan os seus personaxes se descubran como a sensación a experimentar que mencionábamos antes… sensación “vestida” coa forma dunha flor. Avó oso e mamá corvo atópanse nun bosque nevado, cuxa capa blanca vai desaparecendo ao pasar as páxinas para descubrirnos as flores, as follas e o bulicio da primavera;  todo un tránsito cuxa sinal de partida é esa mesma flor.

 

 

 

 

E aínda que o final está aberto a múltiples interpretacións, algunhas un tanto melancólicas, nos queremos pensar que o avó oso, realmente, está soñando con esas alegres bolboretas que nos confirman que xa estamos na primavera. É indubidable que o conto nos fala sobre o ciclo da vida, pero non se trata dun frío manual, senón dunha obra de arte que, por selo, pode permitirse deixar en suspenso, nun soño, ao avó oso.

 

 

DATOS DE INTERESE:

O libro está dispoñible en lingua galega, castelá, catalán e euskera.
Idade recomendada: a partir de 4 anos.

Podedes adquirilo online na páxina web de Kalandraka.
Dispoñedes de máis información en Kalandraka TV.

 

Engadir comentario