Viaxeiros. Animais extraordinarios.

Viaxeiros. Animais extraordinarios.

 

Cal é o animal máis grande do mundo? Como volven á casa as anduriñas? Que aspecto ten a tartaruga boba? Cara onde viaxan estos animais?

En Viaxeiros. Animais extraordinarios atoparemos a resposta a estas preguntas a través das descricións de 12 animais moi diferentes que posúen unha característica común: percorren distancias incribles seguindo o seu instinto para sobrevivir, poñendo a proba a súa resistencia, determinación e capacidade de orientación.

 

 

Kalandraka agasállanos un novo un libro, escrito por Xulio Gutiérrez, capaz de sorprendernos con datos curiosos das migracións dunha selección de animais de todo o planeta.

Os bos libros son aliados de determinados valores como a concentración, a calma, a observación e a aprendizaxe. En Viaxeiros. Animais extraordinarios atopamos todos eles.  ¿A que neno non lle chama un forte e veloz ñu azul que supera os 100km/ hora en carreira curta? As ilustracións de Nicolás Fernández, tan realistas, axudan sen dúbida a “vivir” a situación na que se poden chegar a atopar durante a súa viaxe migratoria.

Constatamos unha reacción inmediata asociada a súa lectura: a motivación de buscar máis datos sobre este animal (por suposto, o ñu é soamente un exemplo tomado ao azar do libro, pois os 12 animais poderían servir igualmente). Unha virtude que, é preciso anotar, ben podería aplicarse aos outros cinco libros da serie Animais extraordinarios.

 

 

 

E debemos engadir que non só de animais lonxanos nos fala Xulio Gutiérrez, senón tamén dalgúns tan cotidianos como a anduriña. Agora mesmo véxoas voar dende a miña fiestra. Chegaron (que eu saiba) fai un par de semanas. Non vou desaproveitar a ocasión de observalas para a continuación ler o capítulo que lles adica Viaxeiros. Animais extraordinarios. Esta é unha experiencia irrepetible que nos demostra que libros e natureza poden ser grandes compañeiros de vida.

¡Grazas Kalandraka!

 

 

Datos prácticos:

Recoméndase para idades a partir dos 7 anos.

Viaxeiros. Animais extraordinarios está dispoñible na páxina web de Kalandraka en castelán e galego.

 

OUTRAS LIGAZÓNS DE INTERESE:

Sobre Kalandraka en galiciangarden.com

Sobre outros libros en galiciangarden.com

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con