Parque Reina Sofía e Xardíns de Herrera, en Ferrol

Parque Reina Sofía e Xardíns de Herrera, en Ferrol

Ferrol é unha cidade que por diferentes motivos visitamos moito nos últimos anos. Normalmente escapámonos cara á costa e aproveito a visita para achergarme ás paradisíacas (e ventosas) praias do seu entorno ( a de San Xurxo é unha das miñas preferidas). Pero non todo son praias, existen dous xardíns no centro da cidade, preto do porto, que adoitamos frecuentar: Parque Reina Sofía e Xardíns de Herrera.

O primeiro, o Reina Sofía, é unha antiga horta de frailes reconvertida en parque urbán. Ubícase entre os barrios de Ferrol Vello e a Magdalena (declarado conxunto histórico artístico en 1984.). Zonas de arboredo ( laranxos, sequoia, un cedro do Atlas ou palmeiras “howea”), áreas de descanso e infantís, parterres de flores… rodean unha gran praza central chamada “pista de baile” que os veciños aproveitan para algún concerto, actividades deportivas…. Outro elemento que destaca no parque é a “Fonte Wallace”, adquirida en París no ano 1889 e que se rodea de bustos de personaxes ilustres da cidade.


20160312_180503
Fuente_Wallace

Pero se hai algo que chame realmente a atención e que deixa perplexo a calquera turista que se pasee por el, é a presenza de numerosos pavóns que campan ás súas anchas polo xardín. Pode que ata pasen desapercibidos, pois adoitan empoleirarse nas pólas altas das árbores para descansar ou durmir. Sen dúbida un atractivo engadido.

la foto (321)

Xa na parte superior do parque, detrás da cafetería, atópase un xardín didáctico de uns 5000 metros cadrados centrado na enerxía, propiedades e aplicacións da agua: Aquaciencia. Contén xogos interactivos que nos desvelan as distintas formas de aproveitar as virtudes da auga, descritas a través de  maquetas ou paneis. Nestes momentos non tódolos xogos se poden empregar (o uso e o paso do tempo deteriorou algúns que non foron repostos), aínda así vale a pena experimentar cos que funcionan correctamente.  Se desexades visitar Aquaciencia poderedes facelo de martes a sábado (laborables), de 10:00h a 14:00h e 16:30h a 20:00h. (Máis información en http://www.ferrol.es/aquaciencia/index.html)

Preto de alí, na praza Juan Sebastián Elcano (entre o Parador de Turismo e a Capitanía Xeral) atopamos os Xardíns de Herrera que, aínda que pertencen á Armada, son de utilidade pública. Foron proxectados polo enxeñeiro naval Andrés Comerma. O xardín ubícase, en realidade, no interior dun baluarte defensivo da cidade.  Ademais dos seus antigos magnolios, dende o xardín gózase dunhas fermosas vistas dos arsenais e a ría; áchase aquí tamén o obelisco de “Churruca”.

la foto 21(7)la foto 1 (3)

la foto 33 (1)la foto 21(6)

la foto 51 (5)

A continuación destes xardíns chegamos aos de San Francisco, unha prolongación dos anteriores, e próximos á Igrexa de San Francisco, edificio do s. XVIII e de estilo neoclásico. Este espazo verde foi remodelado recentemente. Incorporáronse sendeiros, pérgolas de madeira, plantas aromáticas…un deseño contemporáneo que se integra perfectamente no barrio Ferrol Vello.

la foto 21(3)

la foto 31 (4)

Así que xa sabedes, se viaxades a esta cidade do norte non deixedes de visitar os seus espazos axardinados. Os anteriores son un exemplo do que alí podedes atopar. Noutra ocasión descrubrirémosvos outros, coma a controvertida Praza de España.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con