Quen non sufriu algunha vez na súa vida un mal de ollo, algún tipo de encantamento ou esconxuro máxico dos que provocan que todo salga mal (chiscadela-cotenada-chiscadela…)? Existe unha solución moi galega a este problema.

Hoxe, 30 de abril, ensinarémosvos uns “primeiros auxilios” contra estas contrariedades esotéricas do día a día: cando se vaia a luz solar, e antes de que saia o sol do primeiro de maio, recolleremos unha ou varias pequenas ramas de xesta que colocaremos na nosa porta, xanela, coche… é dicir, no lugar que se desexe protexer.

Esta tradición popular, moi común nas Rías Baixas e o norte de Portugal, comezou aplicándose ás colleitas. O novo ciclo agrario sería propicio e a súa produción protexida a través das xestas, utilizadas como amuleto.

Pero este ritual non é o único asociado ao mes de maio en Galicia. No artigo Maio, o mes das flores falámosvos de todos eles. Adoitan ter en común a celebración da rexeneración da natureza, o incremento da luz diaria e a chegada de novas colleitas.

.

.

.

1 de maio, Festividad de Beltane

As tradicións populares de hoxe en día recollen os ecos doutros antigos ritos e crenzas. Por iso, gustaríame lembrar que o 1 de maio coincide con unha de as festividades do calendario céltico,  Beltane, celebrada en diferentes partes do mundo. O seu nome simboliza a luz e a calor.

Segundo Nuria Pereira (de Correo Gallego) o ritual consistía no seguinte:

 

O 1 de maio antes da saída do sol apáganse todos os lumes das casas, como símbolo da ausencia de luz e calor do inverno que xa se vai. A continuación xusto no momento do amencer é cando se acende de novo. Esta fogueira debía estar formada por nove madeiras de árbores diferentes. Ao acenderse comezaba o ritual da rexeneración da vida a través do fume, que limpaba e purificaba a casa e os seus habitantes. Había tamén outros costumes como a de subir ao outeiro máis próximo para observar a saída do sol para bañarse cos seus raios. E outras como bañarse ou beber en fontes sacras e mananciais, onde crían que os raios do sol quedaran atrapados durante todo o inverno. Os druídas aconsellaban beber a auga dos mananciais antes da saída do sol e lavarse co rocío desa mañá. Este rocío dicían que posuía un alto poder curativo porque era a esencia destilada da Nai Terra. Por iso o rocío da mañá do 1 de maio almacenábase e usábase ao longo de todo o ano para elaborar ungüentos e outras medicinas.

 

E agora, a esperar que escureza para recoller o noso amuleto… mañá ensinámosvolo!

.

Artigo relacionado:

Maios 2017 en Ourense

.

Engadir comentario