Como xa vén sendo habitual, con motivo do Día do Libro propoñémosvos seis lecturas que forman parte da nosa biblioteca. Este ano decantámonos por libros non pertencentes a un perfil tan “práctico”, como noutras ocasións, pero todos igualmente relacionados coa natureza e o xardín.

Espero que a selección sexa de voso agrado.

 

Una breve historia del jardín

Escrito polo paisaxista francés Gilles Clément. Nel realiza un percorrido pola historia do xardín dende un punto de vista diferente, conectando cos sentidos que, dende a nosa condición de seres humanos, lle dimos a natureza domesticada. Edita Gustavo Gili.

 

el espíritu del lugar

A publicación recolle os ensaios sobre paisaxismo inglés de Francis Bacon, Joseph Addison, Alexander Pope, Horace Walpole e William Chambers. Os textos plantexan unha dialéctica entre dous modelos estéticos opostos: o do xardín formalista e o do xardín paisaxista. Edita Abada.

 

NOTAS SOBRE LA CABAÑA

Gilles A. Tiberghiem recórdanos neste libro que a cabana pode ser un lugar para meditar e anotar, deténdose especialmente ns cabañas de Thoureau, Wittgenstein, Gilles Clément ou Kawamata.

Así vista, a cabana se terza real e irreal, parte do imaxinario universal e unha especie de metáfora ao gusto de Bachelard. Falar dela é falar da precariedade do eu, do modo de abrirnos á paisaxe, da creación artística e de certa arquitectura tan infraleve como poética. 

Unha edición de Federico López Silvestre para Biblioteca Nueva.

 

JARDINES EN TIEMPOS DE GUERRA

Un libro breve pero rotundo: Sete historias escritas polo poeta e xardineiro Teodor Cerić (Sarajevo, 1972), nas que nos amosa a súa particular visión sobre sete xardíns diferentes, aos que suma unha coda final onde nos fala do seu propio. Un ensaio que Marco Martella editou a partir dos relatos de Cerić. Publicado pola Editorial Elba.

 

EL VIENTO COMENZÓ A MECER LA HIERBA

Vintesete delicados poemas de Emily Dickinson ilustrados por Kike de la Rubia nunha edición biligüe da Editorial Nórdica e onde a natureza é a protagonista.

 

CORREDOIRA

Corredoira é o título dun pequeno libro cuxa autoría comparten Robert Macfarlane, Stanley Donwood e Dan Richards. Nel descríbense os paisaxes e momentos que comprenden dúas experiencias de retorno a un mesmo lugar en Dorset (costa sur de Inglaterra). Foi publicado pola editorial Kalandraka baixo o selo de Faktoría K de libros e a colección Vitamina N.

 

 

Engadir comentario