Ola a tod@s:

Son Eva Barcala, a autora de galicianGarden, un proxecto no que levamos xa un tempo traballando e co que pretendemos dar a coñecer o importante patrimonio xardinístico galego dunha maneira amena e próxima.

Dende galicianGarden queremos intercambiar ideas sobre paisaxismo e sobre o que podemos considerar como as súas marxes: xardíns históricos, recoñecidos e “segredos”, terreos baldíos, hortas, xardíns domésticos…

Acompáñanme moitos amigos e colaboradores que vos irei presentando aos poucos e que darán tamén o seu punto de vista sobre distintos aspectos relacionados co xardín: xardíns cinematográficos ou pictóricos, pedagoxía no xardín, xardíns galegos e internacionais, tours, entrevistas, proxectos de investigación… Todo iso ao redor dun tema en común que iremos propondo mes a mes.

Aproveito para agradecer a participación dos propietarios dos xardíns, así como das institucións que se incorporarán ao proxecto. A súa achega é imprescindible para que galicianGarden se converta nun punto de referencia para o sector xardinístico galego.

En resumo, espero que a web vos agrade e que poida enriquecer a vosa visión sobre o mundo do xardín.

Se queredes porvos en contacto connosco podédelo facer no mail: info@galiciangarden.com
Un saúdo!

Comentarios

  • Rafael Ferradáns
    Responder
    Novembro 13, 2017

    Veño de ver o voso proxecto na rede. Quero felicitarvos pola iniciativa e animárvos a continuala. Unha aperta dende Barcelona

  • María
    Responder
    Xullo 27, 2018

    Acabo de descubrir esta páxina. Canto me alegra! Un pracer.

Engadir comentario