Corredoira.
Nel descríbense as paisaxes e momentos que comprenden dúas experiencias de retorno a un mesmo lugar. No primeiro dos retornos (ano 2014) Robert Macfarlane decide iniciar unha viaxe en busca dunha corredoira descrita por Geoffrey Household na súa novela Rogue Male (1939) acompañado do seu amigo Roger Deakin. Esta búsqueda dun lugar soñado por primeira vez a través da lectura dun libro é a porta de entrada no relato. Pero baixo esa mesma escusa, mentres nos deixamos caer nese escrito, estamos tamén facendo pe nas paisaxes, vexetación, historia, xentes, sombras e “pantasmas” de Dorset, na costa sur de Inglaterra, o espazo real sobre o que escribiu no seu momento Household e que Macfarlane decide alcanzar a través do lido e agora a través do camiñado:
“Logo, ao carón dun freixo vello e ergueito atopamos unha abertura pola que regresar á corredoira, así que atravesamos aquel burato na sebe e descendemos á profundidade da corredoira, botando man da hedra para baixar polas paredes de arenito de volta á sombra.(…) Abaixo, na penumbra da corredoira, os pasados da paisaxe percibíanse cunha viveza emocionante e conmovedora, coma se a historia se repregase sobre si mesma, poñendo en contacto intres descontinuos e creando correspondencias que sobrevivían na forma dun imperativo territorial para o acocho, a fuxida e o encontro.”
.
Facer camiño.
“Corredoira: o camiño oco. Un carreiro fondo, un vieiro avesedo e profundo. Unha ruta que arregaron na terra séculos de pegadas, de pisadas; e fendas, de ferraduras; o carroulear das rodas e o correr da chuvia. Unha vía desgastada” polo tráfico dos tempos e a roedura da auga, que nalgúns lugares se afundiu ao redor de cinco metros baixo o nivel dos campos.”
Como vemos, unha corredoira é un camiño que se fai ao andar. Tal e como lembran os fermosos versos de Antonio Machado, isto é algo que afecta a todo camiño. Pero en poucos como nas corredoiras se profundiza (literalmente) tanto no retorno. A corredoira viría a ser, dalgunha maneira, case un camiño esculpido na terra a través dos regresos ao lugar que atravesa. A corredoira, ademais, aparece tamén como unha alongada pegada dos tránsitos que a acolleron. Nela deixaron a súa marca persoas, animais, carros; isto débese á acción repetida dun ir e vir, unha e outra vez, por ese mesmo paraxe. Son os continuos regresos, a insistencia no xesto de cruzar un lugar, o que diu lugar (precisamente) á corredoira. Xa vos falamos noutro momento sobre como, a partir deste feito do camiñar insistente, Richard Long xerou diversas obras artísticas (recoméndovos ler o artigo “A line made by walking, de Richard Long” ).
.
En palabras de Proust
.
.
A TER EN CONTA:
O libro está dispoñible na páxina web de Kalandraka en lingua galega.
Idade recomendada: lectores adultos.
Ilustración de sobrecuberta: Adriá Fruitós.
A edición está impresa en papel procedente de bosques e plantacións xestionadas con estándares que garantizan a explotación sostible dos recursos.
.
OUTROS ENLACES DE INTERÉS:
Sobre Kalandraka en galiciangarden.com
Sobre outros libros en galiciangarden.com
.