52 Concurso-Exposición Internacional da Camelia: “Os sentidos da camelia”

52 Concurso-Exposición Internacional da Camelia: “Os sentidos da camelia”

O Concurso- Exposición Internacional da camelia é a mostra más antiga das moitas que se celebran na actualidade aquí en Galicia. Constitúe un punto de referencia para cultivadores e afeccionados que acoden todos os anos a participar ou, simplemente, a gozar das propostas florais.

Contámosvos como foi esta última edición e un pouco da súa historia:

Edición 2016

Visitamos o recinto feiral da exposición o domingo día 20, pouco antes da entrega de premios. A afluencia de público era abundante e atopábanse varios medios de comunicación cubrindo o evento. Alí se deron cita 54 expositores e 27 concellos, nunha edición organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Sociedade Española da Camelia (SEC).

10 (5) 10 (4)

En primeiro lugar, a posta en escena da mostra pareceunos impecable. Tratábase dunha especie de labirinto “amurallado” por paneis modulares, formado este por bloques de cartón negro. No medio dese gran corredor que nos conducía a través das distintas etapas da exposición, as flores de camelia resaltaban notablemente.

la foto 4 (2)

Da exhibición en si, non saberíamos dicir que composición nos gustou máis. Por sorte, non somos membros de xurado algún e de todas gozamos. A formulación de base, que tomaba como punto de partida “Os sentidos da camelia”, aparecía en cada esquina do percorrido. Puidemos mirar, ulir, tocar, e ata degustar camelias (por exemplo, coas ricas marmeladas de Elena Español).

11 (3)

Para que os nenos se acercasen á camelia, ademais da propia exposición, existían outras propostas paralelas coma un contacontos. E é que o arco de idades dos visitantes era tremendamente amplo, algo que se viu reflectido entre os premiados.

É marabilloso atopar a centos de persoas admirando as múltiples variedades desta flor protagonista, pero sobre todo, é gratificante o coidado e esmero co que os cultivadores ofreceron o seu traballo ao público. Sen dúbida, o Concurso-Exposición Internacional da Camelia contribúe a popularizar o cultivo desta flor, impulsando a súa comercialización e difusión en Galicia, pero é tan importante isto, dende o noso punto de vista, coma o feito de que alí se xere un extraordinario punto de encontro para todos os amantes da camelia (e da xardinería en xeral, evidentemente).

12 (4)

 

Estes foron os 21 premiados da 52 edición:

  • O premio Camelia de Ouro, ao mellor e máis variado conxunto de flores presentado por un único expositor, foi outorgado a Manuela Couso Ares.
  • O premio Antonio Odriozola, á mellor flor individual correctamente identificada, foi concedido a  Eusebio López Redondo.
  • O premio especial da Sociedade Española da Camelia correspondeu ao lote de Clara Abalo.
  • O primeiro premio á mellor composición artística foi para Lelita Gradín e o segundo para José Freire.
  • O premio á modalidade de Camellia reticulata de calquera color ou variación foi, en primeiro lugar, para Rosa e Jaime Escofet, seguidos de Edmundo Novoa e Fernando Vila.
  • O premio aos híbridos de camelia correspondeulle a Leonor Magariños. Os seguintes galardoes corresponderon a Ana Calo e Carmen Corral.
  • Na modalidade de xapónica blanca o primeiro premio foi para Pilar Bargiela. O segundo recaeu en Ana Calo.
  • En xapónica rosada ou outras cores o primeiro premio foi para Fernando Dacosta seguido de Abelardo Barcala.
  • O primeiro premio para xapónica roxa foi concedido a Carmen Costas e o segundo a Carlos Comendador.
  • En xapónica xaspeada ou variegada a primeira posición correspondeu a Elena Valcárcel, e a segunda a Abelardo Barcala.
  • O premio a outras especies de camelia correspondeu a Eusebio López Redondo, seguido de Carlos Comendador.
  • premio á traxectoria recaeu en Carmen Salinero, presidenta da SEC.

 

Evolución da exposición ata hoxe

O primeiro “Concurso Exposición Nacional da Camelia” naceu na cidade de Pontevedra, no ano 1965, nos Salóns da Deputación Provincial. O acto foi organizado pola Comisión Provincial de Información, Turismo e Educación Popular do Goberno Civil e contou coa colaboración da Deputación de Pontevedra e de varios concellos da provincia. Presentáronse a este primeiro concurso un total de 140 conxuntos de flores, pertencentes a 40 participantes, tanto españois como portugueses. O premio máis importante, o da “Camelia de Ouro”, valoraba o mellor conxunto de flores, independentemente da variedade. As outras modalidades de premios foron ao mellor conxunto de camelias blancas, roxas, rosas, atigradas, mellor conxunto artístico, e camelia de olor.

Ao ano seguinte o II certame converteuse na “Exposición Internacional da Camelia” e celebrouse na cidade de Vigo, continuándose en 1967 en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Dende entón e ata a actualidade, o certame rotou cada ano entre estas tres cidades das Rías Baixas.

Aínda que o certame mantén a estrutura e concepto inicial, ao longo da súa historia producíronse lixeiras modificacións en canto ao tipo de premios:

  • En 1974 e ao longo de varios concursos outorgáronse os premios de camelia de ouro, prata e bronce para homenaxear aos expositores máis destacados en concursos anteriores, sendo estes premios entregados ese ano a Lesli Rigall “Camelia de Ouro”, Mercedes Pita Mon ,a “Camelia de Prata” e a Elena Zulueta a “Camelia de Bronce”.
  • O ano 1978 caracterizouse por dous innovacións curiosas, un premio de árbores “in situ” que se outorgou a Torres Agrelo e un premio de novas plantacións que obtivo a Finca Vista Alegre.
  • En 1980, dáselle un premio á presentación científica a Robert Gimson por ser a primeira vez que se presentan as camelias con letreiros identificativos da variedade, e en 1995, a marca Chanel concedeu un premio á mellor camelia branca a Mercedes Fonterosa.
  • No ano 1988 incorporouse o premio Antonio Odriozola. No seu primeiro ano este premio foi entregado a Margaret Gimson pola mellor flor identificada co nome do cultivar. A partir de entón e durante algúns anos non consecutivos o premio foi concedido individualmente ou en conxunto coa camelia de Ouro (Camelia de Ouro “Antonio Odiozola”). Dende 2004 dáselle á flor -identificada botánicamente- que mellores características presenta de entre as que optan expresamente a ese premio.
  • Dende 2004, outórgase o premio da Sociedade Española da Camelia ao concursante máis destacado entre os que participan por primeira vez.

7 (4)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con