A Ruta da camelia surxe no ano 2006 da man de Turgalicia (agora, Turismo de Galicia) en colaboración coa Sociedade Española da Camelia. O percorrido, que en principio comprende 12 dos máis extraordinarios xardíns galegos, recoñece a esta especie botánica coma un símbolo identitario e cultural para a comunidade. Isto permitiu revalorizar cada un dos xardíns que participan na mesma, pero tamén serviu como escaparate –a nivel nacional e internacional- das excelentes condicións que presenta Galicia en canto destino turístico vinculado aos xardíns.

A través desta ruta podemos chegar a coñecer ata 80 especies distintas de camelia, así coma 30.000 variedades da súa flor. As provincias de A Coruña e Pontevedra concentran o eixo principal do itinerario, unha liña que percorre Galicia de norte a sur, paralela á costa.

mapa_rutacamelia

Todos os xardíns da Ruta contan con exemplares de camelia relevantes, monumentais e/ou senlleiros, acompañados doutras especies botánicas tamén de características notables. Ao atractivo natural destes rincóns súmanse, ademáis, outros moitos argumentos que fan da súa visita unha experiencia inolvidable. Así ocurre coa auga ou a pedra, elementos que se repiten en cada xardín baixo un sinfín de variacións e combinacións armónicas. Pois cada lugar goza nesta Ruta dun carácter e estilo propio que o diferencia do resto: pazos, parques, castelos, museos, alamedas, e incluso bodegas… Estou segura de que quen os visite poderá atopar, entre todos eles, aquel que pareza estar feito a súa medida.

 

O itinerario

Empecemos pola provincia de A Coruña. O xardín máis ao norte é o do pazo de Mariñán. Nel sorprende o melodioso diálogo que sostén coas marismas da ría de Betanzos, cara ás que semella estar orientado todo o xardín.

Un pouco máis ao sur,  dirixíndonos cara á Santiago de Compostela, a ruta continúa na Alameda desta cidade. Trátase dun parque urbano cheo de vida cotián, aínda que tamén repleto de numerosos e fermosos rincóns onde acubillarse e fuxir do bulicio. Posúe 66 exemplares de camelia, algúns de máis dun século de vida.

Tras Compostela, a seguiente etapa fai pe no ilustre Pazo de Ribadulla, lugar no que concluiría o noso paso pola provincia de A Coruña.  Alí, entre outros moitísimos reclamos, é posible contemplar un exemplar de Camellia japonica cun tronco de 1,90 metros de circunferencia. Asimesmo, só en Ribadulla é posible disfrutar dun paseo coma o que ofrece a súa “carreira das noivas”. En época invernal, esa carreira permite que nos abandonemos a unha inolvidable camiñata, trenzada pola visión e a fragancia das súas camelias.

 

Ginryû, Camellia vernalis

 

Xa na provincia de Pontevedra ubícanse a maior parte dos xardíns da ruta. Seguindo co noso itinerario cara o sur, o primeiro xardín que nos atopamos é o do aristocrático Pazo de Oca. É de sobra coñecido este magnífico xardín  histórico que posúe entre a súa gran variedade de camelias unha das máis antigas de Galicia, a Camellia reticulata ‘Captain Rawes’ (o exemplar alcanza os 12 m de altura).

 

Oca_6

Pazo de Oca

 

Tras Oca, a Ruta condúcenos entón á Casa-Museo de Rosalía de Castro, un lugar que no seu momento serviu de inspiración á escritora e que todavía hoxe alimenta a imaxinación de cada novo invitado. No seu xardín, atreveríamonos a dicir que “como non podería ser doutro xeito”, destaca o cultivar de C.japonica ´Rosalía de Castro´, pero tamén outros (moitos deles de orixe portugués) tales coma os de ´Magnolia Rosea´ ´Pomponia Portuense´, etc…

A continuación nos adentramos na comarca do Salnés. O Pazo de Rubiáns sería alí a primeira parada; dende logo, un anfitrión inmellorable. Deixando polo momento de lado la exquisita elegancia do pazo, reclama a nosa atención o feito de que as máis antigas camelias do seu xardín daten xa do ano 1850. Son un regalo co que, no seu momento, os duques de Caminha (Portugal) quixeron agasallar aos señores do pazo.

 

Rubianes_8

Pazo de Rubiáns

 

Con posterioridade a Rubiáns, o seguinte peldaño lévanos ó Pazo de Quinteiro da Cruz, onde florecen 5.000 exemplares de máis de 1.500 variedades de diferentes especies. E, tras este, chegaría o turno do asilvestrado xardín do  Pazo da Saleta. Pregunten nel sobre a fabulosa historia na que se conta a súa orixe, os seus amables propietarios relataranlla mentres percorren tódalas variedades de camelia de diferentes cores e texturas que alí se mesturan.

Non moi lonxe da cidade de Pontevedra, a Ruta nos encamiña agora cara ó Pazo de Lourizán. O seu extraordinario edificio principal, así coma as súas grutas “secretas”, nos desvelan interesantes cultivares de ‘Alba Plena’ (entre outros moitos atractivos botánicos do lugar). Pola súa parte, no Castelo de Soutomaior, maís aló das 100 variedades de camelia que posúe,  poderemos contemplar o exemplar con máis perímetro de tronco de Galicia (o seu diámetro de copa é de nada menos que 15 metros).

Xa para finalizar agarda a cidade de Vigo. No parque urbano de O Castro dispoñen dunha nutrida colección de camelias distribuidas en varias zonas do xardín. E tamén dentro de Vigo, o xardín do Museo Quiñones de León, cóidase con especial delicadeza á que coloquialmente se coñece coma a “Matusalén das camelias”, un antigo exemplar de flores de cor rosa e con forma peonía.

 

Quiñones_7

Pazo Quiñones de León

Camelia…e non só.

A Ruta da Camelia é verdadeiramente variada en canto á personalidade de cada xardín.  A súa proposta é a de disfrutar da cor e aroma desta especie nos meses de inverno, aínda que en realidade a fermosura dos mesmos se mantén vixente ao longo de todo o ano. O resto de fabulosas especies vexetais coas que conta cada unha destas etapas, derrama o seu “esplendor” por todas as estacións do ano… isto sen olvidar a riqueza que á ruta aportan os elementos arquitectónicos e históricos de cada lugar. A vivenza que nestes xardíns se pon ao noso alcance varía en cada momento do ano. O seu atractivo é sen dúbida inagotable.

Non podemos olvidar tampouco que a Ruta nos permite disfrutar da camelia a través dos  variados productos que dela se obteñen: xabóns, aceites, elaborados artesanáis, té…

Outro aspecto a destacar é que durante os fins de semana de xaneiro a abril se realizan exposicións sobre esta flor en diversas localidades de Galicia enriquecendo a ruta.

 

¿Animádesvos a visitala?

Convidámosvos a preparar a vosa viaxe a través da camelia dende galicianGarden. Atoparedes toda a información necesaria na nosa sección de xardíns. Ademáis, tamén podedes contratar un servizo personalizado de guía a través dos nosos Tours, alí podemos deseñar un percorrido polos xardíns da Ruta da camelia (e outros) á medida de cada un.

Engadir comentario